- O Papa Francisco aceptou a renuncia por motivos de idade do arcebispo Julián Barrio.
- Mons. Prieto era bispo auxiliar desta Diocese desde abril de 2021.
A Santa Sé fixo público hoxe 1 de abril de 2023 o nomeamento de monseñor Francisco José Prieto Fernández como arcebispo da Diocese de Santiago. Mons. Prieto sucede no cargo a monseñor Julián Barrio Barrio, que presidiu a Igrexa compostelá desde febreiro de 1996.
Monseñor Francisco José Prieto foi ordenado bispo o día 10 de abril de 2021, nunha Eucaristía celebrada na Catedral de Santiago e presidida polo arcebispo monseñor Julián Barrio.
Na Conferencia Episcopal Española é membro de a Comisión Episcopal para as Comunicacións Sociais e da Subcomisión Episcopal para o Patrimonio Cultural.
Naceu en Ourense o 18 de agosto de 1968. Cursou estudos eclesiásticos no Instituto Teolóxico “Divino Mestre” de Ourense, centro afillado á Facultade de Teoloxía da Universidade Pontificia de Salamanca (1986-1992) e foi ordenado sacerdote o 26 de xuño de 1993.
É licenciado en Teoloxía Patrística pola Facultade de Teoloxía da Universidade Gregoriana de Roma (1992-1994) e doutor en Teoloxía Bíblica pola Facultade de Teoloxía da Universidade Pontificia de Salamanca (2008).
O seu ministerio pastoral desenvolveuno na diocese de Ourense. Foi capelán do mosteiro de San José (Clarisas) (desde 2004) e vigairo episcopal para a Nova Evanxelización de Ourense (desde 2012).
A actividade pastoral compaxinouna coa docencia no Instituto Teolóxico “Divino Mestre” de Ourense como profesor de Patrología e Orixes do Cristianismo (desde o curso 1995-1996); de Metodoloxía Científica (desde o curso 2007-2008); de Cristoloxía (desde o curso 2009-2010) e de Marioloxía (desde o curso 2018- 2019). É profesor convidado no Instituto Teolóxico Compostelán (desde o curso 2017-2018) e director do Centro de Ciencias Relixiosas San Martiño en Ourense, sección do Instituto Superior Compostelán de Ciencias Relixiosas. Formación Permanente do Clero da diocese de Ourense (desde o ano 1995).
Membro da Asociación Bíblica Española (desde 2002) e da Comisión Teolóxica Asesora da Conferencia Episcopal Española (desde 2013), é secretario do consello de redacción da revista Auriensia, publicación do Instituto Teolóxico “Divino Mestre” (desde 1998).
Anteriormente desempeñou os seguintes cargos pastorais: vigairo parroquial da parroquia de Santa Teresiña (1994-1995); formador do seminario menor (1995-1996); administrador parroquial de Chaguazoso, Manzalvos, Cádavos e Castromil (1996- 1997), de Vilar das Tres (1997-2001) e de Carballeda (O Reino), Torrezuela, Corna e Coiras (2008-2009), ademais de vigairo parroquial de San Pío X (2009).






