A Coruña renova os seus votos á Virxe do Rosario

O arcebispo de Santiago, monseñor Francisco Prieto, presidiu este domingo na Igrexa de San Domingos da cidade herculina a cerimonia relixiosa da Función do Voto, unha tradición que se celebra desde o Século XVI.

Na homilía, mons. Prieto pediu á Virxe do Rosario “que sexa Virxe da Paz e da Xusticia” nun encontro “más alá de credos, de fronteras, de linguas e de color de pel, nesa humanidade onde somos todos abrazados”.

Este acto naceu tras a heroica e milagrosa vitoria coruñesa sobre a frota británica comandada por Francis Drake, en 1589. A cidade de A Coruña encomendouse naquel momento á Virxe do Rosario para resistir o invasor, e desde aquela réndelle homenaxe cada ano neste tradicional agradecemento público.

Previous articlearchicompostelaPlay, novo espazo multimedia da Arquidiocese de Santiago de Compostela
Next articleCoroación Canónica da Virxe dos Remedios en Castro Caldelas