A Catedral de Santiago expón os seus Beléns nas igrexas de Santo Agostiño e do Convento do Carme

Ao igual que o ano pasado, os Beléns propiedade da Catedral de Santiago quedaron instalados en dous espazos diferentes da Cidade Histórica, a igrexa de Santo Agostiño, pertencente aos xesuítas, e a igrexa do Convento do Carme, dos Carmelitas Contemplativos. Trátanse de dúas montaxes de grandes dimensións, con diferentes escenas relacionadas con Nacemento de Xesús e que, entre os dous, suman case un milleiro de pezas, entre figuriñas e construcións.

O Deán da Catedral de Santiago, Don Manuel Jesús Formoso, procedeu á súa bendición na tarde deste venres 12 de decembro.

Na igrexa de Santo Agostiño poderase visitar un belén de estilo popular, con figuras de Nicolás Almansa, con preto de 70 m2 e unhas 530 figuras realizadas de modo artesanal, algunhas delas con automatismos.

Pola súa banda, a igrexa do Convento do Carme acolle un belén de estilo napolitano. Conta con arredor de cincocentas figuras, realizadas de maneira artesanal, vestidas, e moitas deles tamén con automatismos, que permiten dotalas de movemento. Con preto de 50 m2, nel represéntanse, ademais do Nacemento de Xesús, a Anunciación aos pastores e o cortexo dos Reis Magos, multitude de esceas de vida cotiá e oficios tradicionais.

Estes dous beléns son propiedade da Catedral de Santiago, grazas á colaboración de Turismo de Galicia, e poderán visitarse ata o próximo 11 de xaneiro.

BELÉN NAPOLITANO DA CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Lugar: igrexa do Convento do Carme.
Todos os días de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 h

BELÉN POPULAR DA CATEDRAL DE SANTIAGO

Lugar: igrexa de Santo Agostiño.
Todos os días de 10:00 a 14:00 y de 16:00 a 20:00 h

 

Previous articleCharla de Advento na Compañía de María
Next articleCompromiso misioneiro e futuro pastoral no encontro co arcebispo de Santiago