Mensaxe de PASCUA de RESURRECCIÓN de Mons. Francisco J. Prieto Fernández

  • O arcebispo de Santiago, mons. Francisco Prieto, invita os diocesanos a proclamar a Cristo Resucitado.

“É Pascua e todo se fixo novo en Cristo Resucitado”

Cando o sol da mañá de Pascua rompe a noite, cando os sepulcros foron quebrantados e a morte foi vencida, chegou o tempo de Pascua.
É o Tempo da Vida, o triunfo da vida sobre a morte, é Cristo Resucitado. É a alegría da Pascua do Novo Tempo, da primavera nos corazóns, porque é o Tempo Novo, daquel que resucitado unha vez máis quere resucitar a vida de cada un de nós.
Por iso convídovos a que, con esa luz do sol, ese sol que é Cristo, o sol de xustiza, o sol que venceu á sombra, nese gozo que trae sempre a vida nova de Cristo Resucitado, que alborexe tamén na vida de cada un de vós, das vosas comunidades, o novo, que alborexe a vida de cada un de vós, Aquel Resucitado, que unha vez máis nos di que a morte foi vencida.
Cristo resucitou, que resucite a vida de todos vós, é un Tempo Novo, porque a Pascua sempre novidade nas nosas vidas, é a novidade de Cristo Resucitado, que quere ser luz no corazón de cada un de vós, das vosas familias, das vosas Parroquias, de toda nosa Igrexa de diocesana, de toda a Iglesia, de toda a humanidade, porque o corazón da Pascua é vida no corazón dos homes. É un Tempo Novo, celebrémolo, gocémolo, anunciemos, proclamemos a Cristo Resucitado, Aquel que no camiño da vida unha vez máis nos di que está entre nós e ponnos en camiño para que sexamos testemuñas da Vida, testemuñas da Luz, testemuñas do Tempo Novo. É Pascua e todo se fixo novo en Cristo Resucitado.

 

 

Previous articleMons. Francisco Prieto recorda que “somos convocados a consolar, alzar a voz, a orar confiados"
Next article"Pascua é dicir si ao amor e á vida, es investir na fraternidade"