O papa Francisco faleceu este luns, 21 de abril, aos 88 anos de idade, en Roma segundo anunciou o cardeal Kevin Joseph Farrell, cardeal camarlengo. A Santa Sé fíxoo público ás 10.00h. cun comunicado:
Hai pouco, o cardeal Kevin Joseph Farrell, anunciou con tristeza o falecemento do Papa Francisco, con estas palabras:
«Queridos irmáns e irmás, con profunda dor debo anunciar o falecemento do noso Santo Padre Francisco. Ás 7:35 desta mañá, o Bispo de Roma, Francisco, regresou á casa do Pai.
Toda a súa vida estivo dedicada ao servizo do Señor e da súa Igrexa. Ensinounos a vivir os valores do Evanxeo con fidelidade, valentía e amor universal, especialmente en favor dos máis pobres e marxinados.
Con inmensa gratitude polo seu exemplo de verdadeiro discípulo do Señor Jesús, encomendamos a alma do Papa Francisco ao infinito amor misericordioso do Deus Uno e Trino».
O papa Francisco impartiu onte a bendición apostólica Urbi et orbi
O Papa Francisco, que saíu do hospital o pasado 28 de marzo tras unha longa hospitalización de 37 días por unha pneumonía, apareceu en público por última vez onte domingo na praza de San Pedro, para dar a tradicional bendición Urbi et orbi.
Jorge Mario Bergoglio S.J foi elixido Papa o 13 de marzo de 2013, adoptando o nome de Francisco, en agradecemento a san Francisco de Asís, o santo da pobreza, a paz e a humildade. Converteuse así no 266º Papa da historia de la Iglesia católica e no primeiro Pontífice americano e xesuíta. A súa lema para o seu Pontificado foi: Miserando atque eligendo.
Comezaba así o seu camiño, que continuaba durante case 12 anos, de acompañamento na fe como Pastor de la Iglesia, de anunciar a alegría do Evanxeo, en comuñón, cunha misión aberta a todos e sempre preocupado polos máis desfavorecidos.
Grazas, papa Francisco!
Durante todo o seu Pontificado o Papa Francisco confesou que chegaba das periferias para servir á Igrexa e á humanidade. Desexou «unha Igrexa pobre e para os pobres». E en multitude de ocasións, desde a primeira vez que impartiu a Bendición apostólica Urbi et orbi, desde o balcón da Basílica de San Pedro, pediu: «por favor, non se esquezan de rezar por min».
Agora nestes momentos dolorosos, pedimos ao Señor polo seu descanso eterno e mostramos o noso agradecemento pola súa vida posta ao servizo da Igrexa. Unímonos en oración, a todo o Pobo de Dios, coa esperanza na resurrección.