Celebración penitencial en Sanxenxo

A Igrexa do Templo Novo de Sanxenxo acolleu esta tarde unha celebración penitencial que reuniu a fieis provenientes de todas as parroquias da comarca. Presidido polo arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Francisco Prieto Fernández, e acompañado polos sacerdotes da zona, este encontro litúrxico destacou polo seu ambiente de recollemento e participación activa.

Na súa homilía, monseñor Prieto Fernández subliñou a misericordia infinita de Deus cara ás persoa, concluíndo con esta mensaxe: «Ante a misericordia de Deus, somos pecadores perdoados».

Artículo anteriorMons. Francisco Prieto destaca el Jubileo como encuentro con Cristo en Ponferrada
Artículo siguienteEl Arciprestazgo de Betanzos celebra el Jubileo de la Esperanza