O arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco José Prieto Fernández, presidiu esta tarde o último día da Novena en honra á Virxe da Soidade, na Igrexa de Santa María Salomé, situada en Santiago de Compostela.
A Ilustre Confraría da Soidade foi fundada no ano 1664 e contou con confrades entre os que se atopaban varios membros da aristocracia compostelá, como o Conde de Ramiranes, o Marqués de Bendaña ou de Santa Cruz de Rivadulla, xa que tiñan as súas residencias no termo parroquial de Santa María Salomé.
Nas súas orixes, a imaxe da nosa Señora da Soidade procesionaba o Domingo de Lázaro e, non foi ata 1920 cando comezou a procesionar o Venres Santo pola noite, como o fai na actualidade cun gran número de devotos.