- Na festividade de san Xoán de Ávila, o arcebispo reúne na Catedral o seu presbiterio nunha cerimonia na que se honrou aos que cumpriron 25, 50 e 60 anos como sacerdotes.
O arcebispo apelou tamén á autenticidade e coherencia de vida como principal forma de testemuño cristián. “Non se nos pide perfección; pídesenos verdade”, afirmou ante os sacerdotes presentes, a quen invitou a non conformarse con “unha pastoral de mera conservación”, senón a renovar continuamente o celo evanxelizador.
O prelado expresou de forma directa o seu apoio e proximidade ao clero da diocese: “Necesítovos, a Igrexa necesítavos e o pobo fiel necesita sacerdotes que oren, que vivan da Eucaristía e que anuncien o Evanxeo coa vida e coa palabra”.
A celebración concluíu cunha oración polo papa León XIV, coincidindo, segundo lembrou o propio arcebispo, co primeiro aniversario da súa elección como sucesor de Pedro. Desde a Catedral compostelá eleváronse tamén pregarias polos froitos apostólicos e espirituais da súa próxima viaxe a España.
Os sacerdotes homenaxeados nesta festividade foron Francisco Javier Buide do Real, Santiago Cotelo Suárez, Manuel Jesús Formoso Fernández, José López Moldes, Javier Martínez de Bedoya, José Carlos Mato Tosar e Eduardo Alberto Prado Alvaredo, polas súas vodas de prata sacerdotais.
Nas vodas de ouro foi recoñecido Ramón Insua Lobelos.
Polas súas vodas de diamante sacerdotais foron homenaxeados Gumersindo Campaña Ferro, Jacinto Collazo Gantes, Valentín González Gil, Manuel López Castro, Manuel Pontes García, José Manuel Quintáns Pardal, José Antonio Souto Míguez, Andrés Torres Queiruga, Félix Urra Mendia, Antonio Varela Grueiro e Manuel Vázquez Ares.
@archicompostela San Juan de Ávila en la Archidiócesis de Santiago de Compostela sacerdotes santiago#monsfranciscoprieto #archicompostela #catedraldesantiago En la festividad de San Juan de Ávila, el arzobispo reúne en la Catedral a su presbiterio en una ceremonia en la que se honró a quienes han cumplido 25, 50 y 60 años como sacerdotes. Música: Te seguiré (Marco Frisina)
@archicompostela San Juan de Ávila en la Archidiócesis de Santiago de Compostela sacerdotes santiago #monsfranciscoprieto #archicompostela #catedraldesantiago En la festividad de San Juan de Ávila, el arzobispo reúne en la Catedral a su presbiterio en una ceremonia en la que se honró a quienes han cumplido 25, 50 y 60 años como sacerdotes. Música: Te seguiré (Marco Frisina)
















