11 de febrero, Jornada del Enfermo

No contexto do Xubileu 2025, a Campaña do Enfermo deste ano preséntase baixo o lema “En esperanza fomos salvados (Rm 8,24)”. A Igrexa en España inaugura esta Campaña o 11 de febreiro, coincidindo coa festividade da Virxe de Lurdes, e culminará o 5 de maio coa Pascua do Enfermo.
A Arquidiocese de Santiago de Compostela organizou diversas celebracións nas súas parroquias. Así, por exemplo, na Parroquia de San Xurxo da Coruña e na Parroquia de San Fernando de Santiago, as celebracións comezarán ás 19:00 horas cunha oración comunitaria, seguida unha Eucaristía e unha procesión das candeas.
Estas celebracións teñen como obxectivo promover a reflexión e o apoio aos enfermos, resaltando a importancia da esperanza e a comunidade en tempos de enfermidade e sufrimento.
Artículo anteriorEl arzobispo preside en Boiro la Misa en la Jornada de Manos Unidas
Artículo siguienteAHDS | Topoteca Compostelá