- A Xornada Diocesana do Enfermo reuniu na Coruña á membros da comunidade e persoas vinculadas ao coidado e acompañamento dos enfermos nunha celebración centrada no coidado e a compaixón.
- Hoxe venres 13 de febreiro, ás 20:00 horas, celebrouse a Xornada Diocesana do Enfermo na Parroquia de Santo Antonio, unha Eucaristía que reuniu a enfermos, fieis, profesionais sanitarios e familias.
- A misa estivo presidida polo arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco José Prieto Fernández, e contou coa concelebración do vigairo territorial da Coruña, Severino Suárez Blanco; o párroco anfitrión, Ramón Caamaño Pacín; e outros sacerdotes da cidade da Coruña.
- Durante a homilía, o arcebispo reflexionou amplamente sobre o sentido cristián do coidado dos enfermos e a fraxilidade humana. Subliñou a importancia da “unción” como signo de proximidade e consolo, lembrando que unxir implicaba aproximarse, tocar e atender a ferida do outro con suavidade e respecto.
- O arcebispo convidou os fieis a non desentenderse da dor allea e a recoñecer a Cristo no enfermo, no esquecido e en quen sofre.
Un dos momentos máis emotivos da celebración foi a administración do sacramento da unción de enfermos a un grupo de persoas. O arcebispo explicou que este sacramento non debe entenderse como algo exclusivo do final da vida, senón como unha axuda espiritual para calquera persoa que atravese a enfermidade, independentemente da súa idade. A unción, sinalou, expresa o amor misericordioso de Dios que sostén, fortalece e acompaña na fraxilidade.
A eucaristía puxo o broche final á Semana de formación permanente de adultos organizada pola parroquia de San Antonio coa colaboración da Delegación de Desenvolvemento Humano Integral. As xornadas ofreceron espazos de reflexión e diálogo sobre o coidado da vida fráxil, o acompañamento na enfermidade e o final da vida, desde unha perspectiva humana, ética e cristiá. Inspiradas na figura do bo samaritano, buscaron promover unha cultura do coidado e da esperanza. Coa misa de acción de grazas de hoxe, a parroquia pechou unha semana que buscou, segundo os seus organizadores, aprender a coidar sen abandonar, acompañar con compaixón, soster a esperanza ata o final da vida e coa invitación a non “pasar de longo”
Ante o sufrimento do próximo a eucaristía pux o broche final á Semana de formación permanente de adultos organizada pola parroquia de Santo Antonio coa colaboración da Delegación de Desenvolvemento Humano Integral.
As xornadas ofreceron espazos de reflexión e diálogo sobre o coidado da vida fráxil, o acompañamento na enfermidade e o final da vida, desde unha perspectiva humana, ética e cristiá. Inspiradas na figura do bo samaritano, buscaron promover unha cultura do coidado e da esperanza.
Coa misa de acción de grazas de hoxe, a parroquia pechou unha semana que buscou, segundo os seus organizadores, aprender a coidar sen abandonar, acompañar con compaixón, soster a esperanza ata o final da vida e coa invitación a non “pasar de longo” #ante o sufrimento do próximo.















