Reunión de trabajo de arciprestes y vicearciprestes

Hoxe martes, 18 de marzo, tivo lugar na Casa de Exercicios de Santiago de Compostela unha reunión de traballo de arciprestes e vicearciprestes e secretarios delos novos Arciprestados da Arquidiocese de Santiago de Compostela.
A reunión estivo presidida polo arcebispo compostelán mons. Francisco Prieto Fernández, e acompañado do Vigairo Xeral, José Andrés Fernández Farto, e do Vigairo de Pastoral, Javier Porro Martínez.
Tratáronse temas clave para fortalecer a pastoral da Arquidiocese. Entre eles, reflexionouse sobre as accións previstas para o Ano Xubilar Romano 2025, buscando fomentar a participación comunitaria e a dimensión espiritual.
Ademais, avaliouse un borrador do Estatuto sobre as Unidades Pastorais (UPAS), co obxectivo de mellorar a súa implementación e optimizar o labor pastoral nas distintas comunidades parroquiais. Tamén se traballou na elaboración do calendario de actividades diocesanas, priorizando unha coordinación efectiva entre os arciprestados.
Artículo anteriorMons. Francisco Prieto en el Encuentro Diocesano de Adolescentes: “Nuestra vida es vocación y misión”
Artículo siguienteTributo a la memoria y legado de Don Baltasar