- O arcebispo de Santiago pide á mocidade europea “volver ao Evanxeo” para renovar a esperanza en Europa.
Mons. Garciandia e Mons. Prieto, na presentación do Manifesto
E xunto con eles, Mons. Paolo Giulietti, arcebispo de Lucca, en representación da Conferencia Episcopal Italiana; Mons. Marco Gnavi, párroco de Santa María en Trastevere; P. Antonio Ammirati, secretario xeral do Consello de Conferencias Episcopais Europeas; Fernando Moscardó Vegas, mozo representante e portavoz do Comité Internacional do proxecto Roma 25 · Santiago 27 · Xerusalén 33 | J2R2033.
Proxecto «Roma 25 – Santiago 27 – Xerusalén 33»
A proposta «Roma 25 – Santiago 27 – Xerusalén 33» é unha iniciativa inédita impulsada pola mocidade cristiá de todo o continente que, en plena conta atrás cara ao Xubileu da Redención de 2033, quere abrir un camiño de fe e esperanza para unua nova xeración europea.
O proxecto articúlase sobre tres propostas enraizadas na vida cristiá:
Peregrinación – a beleza do seguimento (Xn 1, 39):
Camiñamos para descubrir que seguir a Cristo é fermoso, desafiante e transformador. Redescubrimos os santuarios, a arte e o patrimonio cristián como lugares vivos onde Deus sae ao encontro.
Evanxelización – A verdade fainos libres (Xn 8, 32):
Queremos anunciar con coherencia e creatividade o Evanxeo, abrindo espazos de acollida e sentido no medio dunha Europa que esqueceu a súa raíz.
Sanación – O amor sálvanos (Lc 19, 19):
Moitos camiñamos feridos. Esta peregrinación é tamén un camiño de sanación, onde
Cristo ofrece redención, misericordia e unha nova oportunidade.
Próximas datas claves
Ademais este proxecto articúlase tamén arredor dunha gran rede de camiños cristiáos, entre eles o histórico Eixe Micaélico, que une santuarios de San Miguel Arcángel desde Irlanda ata Xerusalén. Esta “espada espiritual” simboliza unha Europa que volve a orientarse cara ao alto. Mosteiros, catedrais e parroquias convertiranse en puntos de luz, acollendo aos que camiñan buscando sentido. Durante os meses de maio e xuño tiveron lugar as peregrinacións locais ds mocvidade por toda Europa.
● 2 de xullo: Publicación e firma dixital do Manifesto da Mocidade Cristiá.
● 1 de agosto: Proclamación oficial do Manifesto juvenil en Roma.
● 2025 – 2033: Camiño cara ao Xubileu da Redención.