O arcebispo presidiu a primeira reunión executiva de Cáritas Diocesana

  • Á fronte da institución figuran Santiago Fernández González (delegado episcopal) e Pilar Farjas Abadía (directora)
  • Presentado o novo equipo directivo e as liñas estratéxicas de actuación

O Consello de Cáritas Diocesana coñeceu as liñas estratexias de actuación, así como a composición do novo equipo directivo no relativo aos responsables dos distintos departamentos. A sesión de traballo, primeira anual e con carácter extraordinario, foi presidida por monseñor Francisco José Prieto Fernández, arcebispo de Santiago. Na súa intervención o prelado agradeceu o traballo desenvolvido polos axentes da entidade, así como o labor levado a cabo polo equipo saínte durante máis dunha década.

O delegado episcopal, Santiago Fernández González, foi o encargado da oración de entrada lembrando nas súas palabras que “o amor é o ADN da fe cristiá. A nosa identidade común atópase na experiencia do amor de Deus”. Insistiu en que “o que nos impulsa a acudir en axuda do outro non é o que teñamos en común con él, senón o amor a Deus que cada un experimentamos en nosa propia vida”. Nova etapa

O arcebispo agradeceu ao equipo saínte encabezado por Jesús García Vázquez e José Anuncio Mouriño Rañó, delegado e director, respectivamente, o traballo levado a cabo durante máis de trece anos. Animou ao novo equipo a seguir traballando para axudar ás persoas máis desfavorecidas. Indicou que a misión, o labor, está sempre centrada na persoa. Constatou que “Cáritas é o rostro do amor de Deus”, para acoller e axudar aos que máis o precisan, puntualizou.

Departamentos

Pilar Farjas Abadía na súa condición de directora sinalou que se trataba dun traballo de continuidade , pero marcando de forma moi definida as liñas de actuación que terán tres eixos fundamentais : a solidariedade e axuda aos que están máis sós (maiores e nenos) e a integración social; a vivenda, e a atención primaria .Insistiu nas novas pobrezas que se están producindo nos últimos tempos Seguidamente presentou ao novo equipo directivo e por departamentos que quedou constituído do modo seguinte: Josefina Monteagudo Romeu ( Secretaria Xeral), María Eugenia Lado Lema( Recursos Humanos), Ángel Dorrego Leal (Recursos Económicos), María Enriqueta Rivas Lombardero (Economía Social e Formación Socio-Laboral), Íñigo Arranz Roia (Programas de Atención Social), Javier García Sánchez ( Comunicación), Antonio González Cid (Orientación Xurídica), e María Fe Rodríguez López (Persoas Privadas de Liberdade)

O Consello aprobou a concesión de poderes á directora diocesana, así como a representación na cooperativa de Moda-r. Informouse o nomeamento de José María Martín Casares, como novo director de Cáritas Interparroquial de Bergantiños, e de David Álvarez Rodríguez como consiliario de Cáritas Interparroquial de Arousa.

Un mundo máis humano

“Cáritas deume máis a min que eu a Cáritas?, sinalou Jesús García Vázquez, até agora delegado episcopal, que agradeceu a todo o mundo a súa axuda para levar a cabo a misión que se lle encomendou. “Entre todos temos que seguir traballando por un mundo máis humano e mellor”.

O que foi director diocesano, José Anuncio Mouriño Rañó mencionou que “fixemos o que tiñamos que facer”, e agradeceu aos distintos equipos que dirixiu a misión que levaron a cabo.

Monseñor Prieto Fernández clausurou o Consello animando aos axentes de Cáritas a seguir traballando para conseguir os mellores logros en favor das persoas necesitadas.

 

Artículo anteriorXornada diocesana de primeiro anuncio
Artículo siguienteRvdo. Sr. D. SANTIAGO ROMERO TRABAZO, Delegado Diocesano para el Año Santo 2025