Chega a Galicia el Congreso Transforma, pioneiro en España en Nova Evangelización e Primeiro Anuncio, herdeiro dos encontros XAN (Encontro de Nova Evangelización). Por este congreso, pasaron as voces máis representativas no campo do primeiro Anuncio a nivel internacional: James Mallon, Josué Fonseca, Dominique Rey, Tote Barreira, Fabrizio Ballanti, Felix Ortiz, Marc de Leyritz…
Nestes encontros presentáronse moitísimas iniciativas de primeiro anuncio, que se foron introducindo na nosa pastoral ordinaria: cursos Alpha, Unha Luz na Noite, células parroquiais de evangelización, 4.40, Lifeteen…
Este ano temos a sorte de que vai ter lugar en Galicia, e temos que aproveitalo.
Quen está convocado? O ideal é que puidésemos participar sacerdotes acompañados dos nosos equipos pastorais. Pero se non é posible, sería bo que puideses participar a título persoal, pois serán uns días de inspirarnos, aprender e renovarnos pastoralmente.
Neste encontro, adoita participar xente de distintos puntos de España, pero o noso obxectivo como delegación diocesana, é que o poidamos aproveitar os axentes locais, a igrexa en Galicia. Por iso invitámoste a que non deixes pasar a ocasión, a que participes e poidas invitar os teus colaboradores pastorais. Será unha ocasión única!
Que teremos no Congreso Transforma? Este ano versará sobre a fractura entre o Primeiro Anuncio e o discipulado. Como lograr que aqueles que tiveron un encontro con Xesús se convertan en verdadeiros discípulos e se insiran na Igrexa? Para responder a isto, teremos 3 grandes relatorios marco, moitas charlas TED (duración 12 minutos), multitude de obradoiros e algunhas mesas redondas; acompañados por celebracións e tempos de oración.
Máis información, días, relatores, prezos, aloxamentos… en https://www.transforma.red/












