Funeral de Benfeitores do Seminario Maior e Seminario Menor de Santiago de Compostela

O vindeiro venres 28 de novembro, os Seminarios Maior Interdiocesano e Menor uniranse para celebrar ás 13:00 h, na Capela Xeral do Seminario Menor da Asunción, a tradicional Misa en sufraxio polos seus benfeitores, que será presidida polo Sr. Arcebispo. Están convidados todos aqueles que desexen participar nesta Eucaristía.

Foi nun 16 de novembro de 1960 cando ambos Seminarios, segundo apunta a prensa da época, se uniron de forma conxunta e nunha mesma xornada, aínda que celebrando nas súas respectivas capelas, para ofrecer uns solemnes funerais por todas aquelas persoas xa defuntas que colaboraran dun xeito ou doutro co sostemento de ambas comunidades, sexa mediante aportacións económicas ou coas súas oracións.

Artículo anteriorConstitución de la Fundación Educativa Ultreia
Artículo siguienteVigilia de la Inmaculada – JDJ 2025