Encontro de mons. Prieto con axentes de pastoral de parroquias de Outes, Muros e Mazaricos

Na Casa da Cultura da Serra de Outes tivo lugar este mércores 29 de maio o arcebispo de Santiago, Mons. Francisco Prieto, tivo un encontro cun grupo de axentes de pastoral de diferentes parroquias de Outes, Muros e Mazaricos, acompañados polos seus párrocos, e o vigairo territorial de Santiago, Juan González-Redondo Neira.

O contexto deste encontro é a adaptación das estruturas pastorais diocesanas para as necesidades da nova evanxelización. Durante varios anos este grupo de segrares estiveronse formando para participar dun xeito activo na misión da Igrexa.

Mons. Prieto puxo o acento en que a Igrexa vive para evanxelizar, citando as palabras de San Paulo VI na Evangelii Nuntiandi e de que o centro de calquera reforma eclesial debe ser un novo ardor misioneiro. Neste sentido sinalou que é necesaria a formación do laicado como discípulos misioneiros, un camiño que non consiste só en adquirir coñecementos, senón en convertirse nun novo xeito de vivir seguindo a Cristo. O arcebispo destacou tamén que é necesario redescubrir a vocación bautismal, que chama á corresponsabilidade na Igrexa.

As Unidades Pastorais, máis alá de ser unha adaptación territorial, pretenden ser instrumento dunha acción pastoral renovada, donde non se perda a identidade das parroquias, senón que permita que as comunidades superen o localismo para integrarse nunha identidade e comunidade máis ampla, verdadeiramente eclesial e diocesana.

Monseñor Prieto indicou que a Upa debe garantir unha acción pastoral que celebre a súa fe con calidade e calidez, que sexa capaz de realizar un digno anuncio da fe, e que concrete o servizo da caridade.

Pola súa parte, tanto os pastores como os leigos trasladáronlle ao arcebispo o proxecto pastoral para esta zona. En concreto os leigos destas comunidades fixéronlle chegar a necesidade de verse acompañados pola Diocese neste camiño, e agradeceron o seu alento para continuar. D. Francisco animou a seguir nesta liña dando pasos sabendo que un proceso de cambio profundo ten resistencias pero que é importante non perder a referencia dun horizonte ambicioso.

Artículo anteriorPilar Farjas en el Día de la Caridad: “La esperanza requiere poder mirar al futuro y requiere estar acompañados”
Artículo siguienteBoletín oficial de marzo-abril (2024)