O vindeiro martes, 18 de marzo ás 20:00hs, terá lugar o Relatorio da Cátedra Baltasar Pardal a cargo de Manuel Vázquez Barral, antigo alumno e mestre da Grande Obra de Atocha, co titulo de «D. Baltasar, Evanxeo vivo»: un orixinal percorrido histórico a través dunha emocionante «novelícula».
Contará coa presenza do arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco José Prieto.
O 25 de Febreiro do ano 2006 creouse no Instituto Teolóxico Compostelán unha Cátedra para honrar a memoria do venerable sacerdote diocesano D. Baltasar Pardal Vidal.