A cidade de Santiago de Compostela acolleu desde este venres o Encontro Nacional «Aquí Estou!», unha cita que reúne a 35 Salesianos Cooperadores procedentes de toda a Rexión Ibérica (España e Portugal). O evento, cargado de espiritualidade e sentido carismático, busca ser un espazo de encontro, reflexión e fraternidade entre os participantes.
A apertura do encontro contou coa presenza de 40 Salesianos Cooperadores de toda España, entre eles figuras destacadas como D. Borja Pérez, Conselleiro Mundial dos Salesianos Cooperadores para a Rexión Ibérica, e D. Joaquín Torres, Delegado Rexional. A organización corre a cargo da Vogalía de Formación e Espiritualidade, presidida por D. Diego Quesada, tamén presente na cita.
Neste contexto, o sábado pola mañá, o arcebispo de Santiago de Compostela, Mons. Francisco José Prieto Fernández, recibiu en audiencia a un nutrido grupo de Salesianos Cooperadores procedentes de toda España. Nun ambiente próximo e fraterno, o arcebispo animou aos presentes para continuar a súa misión apostólica con espírito de alegría, servizo e fidelidade ao carisma salesiano.
Baixo o lema «Aquí Estou!», o encontro inspírase nas respostas bíblicas de Abrahán, Moisés e Samuel á chamada de Deus, á vez que subliña que tamén Deus responde o ser humano coa mesma expresión: «Aquí estou». En palabras dos organizadores, a actividade pretende “crear pontes entre irmáns e irmás da rexión”, a través dun espazo de comuñón no que se comparte fe, espiritualidade salesiana e experiencias de vida.
Santiago, coa súa riqueza cultural, artística e espiritual, convértese nun marco simbólico para este evento que pretende fomentar o sentido de pertenza, a alegría carismática e o crecemento en fraternidade.
O lema “Lembrar, Renovar e Lanzar” guía este encontro, enmarcado dentro do trienio de preparación para o 150 aniversario da fundación da Asociación de Salesianos Cooperadores por Don Bosco, o 9 de maio de 1876.