Celebración Diocesana | Xornada Mundial polo Traballo Decente

  • Celébranse  en distintas sedes os  días 5 e 6 de octubro

No décimo aniversario da iniciativa Igrexa polo Traballo Decente (ITD), as entidades convocantes na diócese, entre elas Cáritas, volven a conmemorar a Xornada Mundial polo Traballo Decente que se celebra o 7 de outubro. Este ano, co lema «Por ti, por min, traballo decente», reafirman o  compromiso coa dignidade e o coidado de todas as persoas traballadoras en todo o mundo. Por tal motivo veñen de convocar una serie de actos que se van celebrar en distintos escenarios o sábado día 5 e o domingo día 6 do presente mes:

Sábado 5 outubro , Santiago de Compostela:

Parroquia de Santa María Salomé

18:00 Concentración

18:45 Acto público e lectura do Manifesto

19:00 Eucaristía

Domingo 6 outubro 2024 A Coruña:

Parroquia dos Santos Anxos

12:00 Eucaristía

Parroquia da Milagrosa

12:45 acto público e lectura do Manifesto

13:00 Eucaristía

 Manifesto

Na súa convocatoria deron a coñecer os Manifiesto no que se denuncia  a situación actual:

É unmomento para reflexionar sobre o camiño realizado xuntos e xuntas, e sobre os desafíos que aínda temos por diante na procura da xustiza social e dun traballo decente, onde “o ser humano expresa e acrecenta a dignidade da súa vida” (Papa Francisco, cfr. Evangelii gaudium).

Enfrontámonos a unha realidade preocupante en España, cun desemprego estrutural onde miles de persoas queren traballar e non poden; con, aínda, demasiada temporalidade que dificulta enormemente a estabilidade dos proxectos vitais de miles de persoas traballadoras; cunha insoportable praga, a sinistralidade laboral; coa perda de poder adquisitivo dos salarios; coas dificultades de conciliación laboral e familiar, e o aumento das enfermidades psicosociais, etc… Todas elas situacións persistentes reflexo do traballo indecente existente, que non só afectan a vida das persoas traballadoras, senón que tamén socavan a súa dignidade e debilitan a xustiza social debida.

Reiteramos que a dignidade da persoa traballadora é innegociable e debe estar no centro de todas as decisións políticas e económicas. Segundo a Doutrina Social da Igrexa, cada individuo ten dereito a un traballo digno que lle permita desenvolverse plenamente como ser humano. É fundamental que se xeren oportunidades de traballo decente, protéxanse e promóvanse os dereitos laborais, sen excepción. A redución da xornada laboral pode ser unha delas.

Seguindo a encíclica Laudato si’ do papa Francisco, recoñecemos a importancia da ecoloxía integral no ámbito laboral. Débese priorizar que as actividades laboráis sexan sostibles e respectuosas co medioambiente. Isto implica promover prácticas responsables que coiden e preserven a nosa casa común, para as xeracións futuras.

Francisco lembrounos no seu discurso ao Cumio Mundial do Traballo de 2021 a importancia da dimensión do coidado no traballo, como unha forma de coidar e dignificar a vida humana. Isto implica crear contornas laborais con dereitos,participativos, seguros e respectuosos, onde se promova o coidado integral de todas as persoas traballadoras.

A procura do ben común debe ser o obxectivo principal do conxunto da comunidade,  pero particularmente de quen ten a responsabilidade de articular políticas que garantan as condicións esenciais que permitan ás persoas alcanzar unha vida digna, unha vida boa. Isto inclúe garantir un traballo decente, acceso á vivenda e servizos públicos de calidade. Neste senso, tamén pedimos ao Congreso que faga posible a regularización extraordinaria de persoas migrantes.

Finalmente, ITD celebra este décimo aniversario renovando o noso compromiso por un presente e un futuro onde o traballo decente sexa unha realidade para todos, tamén no seo da Igrexa. Lembramos con gratitude a todas as persoas e institucións que contribuíron –e contribúen– a esta causa ao longo dos anos e comprometémonos a seguir loitando pola dignidade e o coidado das persoas traballadoras.

Artículo anteriorMons. Prieto participa en el Encuentro Internacional de Ciudades Jubilares, en Murcia
Artículo siguienteMons. Francisco Prieto en las XIX Edición de las Jornadas Mar por Medio de Ribadeo