Retiro de Cuaresma con el Arzobispo

Ás portas dun novo tempo de Coresma, neste ano Xubilar, terá lugar un retiro que o noso Arcebispo, mons. Francisco Prieto, compartirá co presbiterio diocesano nas tres vigairías, neste mes de marzo. Tal como se nos di no Presbiterorum Ordinis, é unha boa ocasión para reunirnos gustosos e alegres para descansar, pensando naquelas palabras con que o Señor convidaba, cheo de misericordia, os apóstolos cansos: «Vinde a un lugar deserto, e descansade un pouco» (Mc., 6, 31).

Comezarán ás 11:00 h coa Oración

VIGAIRÍA DE PONTEVEDRA, Mércores día 5, Parroquia de Campañó

VIGAIRÍA DE SANTIAGO, Xoves día 6, Casa Diocesana de Exercicios.

VIGAIRÍA DA CORUÑA, Venres día 7, Hogar Santa Margarita.

 

 

Artículo anteriorPreparativos para la Jornada Diocesana de Niños y Familias
Artículo siguienteEl arzobispo de Santiago subraya la esperanza y el compromiso cristiano en la festividad de San Rosendo