“Preocuparse por la persona humana y cuidar la creación tienen un referente en el ministerio episcopal que se nos ha confiado”, palabras de mons. Barrio en el Dicasterio para el Servicio del Desarrollo Humano Integral

Esta mañá mons. Sanz Montes, arcebispo de Oviedo presidiu a Eucaristía na Basílica de Santa María a Maior que foi concelebrada polos bispos de Galicia e das provincias eclesiásticas de Oviedo, Burgos, Pamplona e Tudela, e Zaragoza

Ao remate da Santa Misa os prelados dirixíronse ao Dicasterio para o Servizo do Desenvolvemento Humano Integral no marco dos actos da Visita ad limina que están realizando do 13 ao 18 de decembro.

Neste marco, D. Julián Barrio afirmou no seu discurso dirixido ao Prefecto, o Cardeal Peter Kodwo Appiah Turkson, «que preocuparse pola persoa humana e coidar a creación teñen un referente no ministerio episcopal que se nos confiou, tratando de ofrecer aquilo que axuda a elaborar o tapiz da existencia humana onde tantos nós e fíos soltos afectan á condición humana ferida en moitas ocasións».

D. Julián agradeceu tamén as xestións do Dicasterio «para que nós non só saibamos estar senón asumir as actuacións precisas no noso ministerio, xerando a cultura da gratuidad e da xenerosidade, buscando este desenvolvemento humano integral vinculado á lei moral e reconstruíndo a realidade antropolóxica en relación con Deus Creador e o evanxeo da creación».

O Dicasterio para o Servizo do Desenvolvemento Humano é o organismo da Santa Sé dedicado a promover o desenvolvemento integral do home baixo a luz do Evanxeo. Dito desenvolvemento ponse en práctica mediante o coidado dos bens da xustiza, a paz e a custodia da Creación.

Artículo anteriorMons. Julián Barrio en la Congregación para los Obispos: «Los alejados han de ser nuestra preocupación»
Artículo siguienteMons. Barrio a la Congregación para el Clero: “El rostro más bello de la Iglesia es la santidad en medio del proceso de secularización”