Monseñor Fernando García Cadiñanos: «El Seminario Interdiocesano es fruto de la sinodalidad»

As dioceses de Santiago de Compostela, Tui-Vigo e Mondoñedo-Ferrol, a través dun comunicado conxunto asinado polos seus bispos, monseñor Francisco José Prieto, monseñor Luis Quinteiro e monseñor Fernando García, confirmaron esta semana a posta en marcha dun Seminario Maior Interdiocesano (SMI), que terá a súa sede en Santiago.

Monseñor Fernando García Cadiñanos, bispo de Mondoñedo-Ferrol, reflexiona nesta entrevista sobre a nova iniciativa:

Que supón a constitución dun Seminario Interdiocesano para a Igrexa en Galicia e por que neste momento?

O Seminario Interdiocesano é un paso cara adiante no que é camiñar xuntas as Igrexas que camiñamos en Galicia, ao fío, sobre todo, da invitación que o Papa Francisco nos fíxo con motivo da visita canónica que se realizou hai xa uns meses a todos os Seminarios de España.

Nese sentido, convidábasenos a unirnos para crear comunidades máis fortes, comunidades máis grandes, pero sobre todo comunidades que teñan unha mellor preparación de fronte ao servizo dos nosos irmáns, para que os sacerdotes teñan os medios mellores para a súa formación.

Eu creo que o Seminario Interdiocesano que comeza na nosa Igrexa de Galicia é precisamente facilitar a mellor formación para os nosos seminaristas e facer un exercicio de traballo en común de Igrexa que quere camiñar xuntos.

  1. De onde arranca a idea e que pasos han de darse para a súa puesta en funcionamento?

Desde o Concilio, que se realizou en Galicia hai xa moitos anos, víñase albiscando a necesidade de que as Igrexas das diferentes dioceses de Galicia fixesen procesos de formación conxuntos. Aí xurdiu o Instituto Teolóxico de Santiago que ten como patróns a todos os bispos de Galicia. Tamén o Seminario de Mondoñedo, desde hai xa bastante tempo, viña sendo acollido polo Seminario Diocesano de Santiago.

É certo que agora se establece unha diferenza esencial porque xa non é un Seminario que nos acolle senón que é un Seminario Interdiocesano. No que por tanto todos os bispos temos voz, participación e xunto aos bispos, os presbiterios e as diferentes Igrexas.

A idea veu provocada polo encontro que tivemos co Papa Francisco hai xa tamén uns meses no que nos urxía a ter unha formación conxunta moito mellor.

Os pasos iranse aos poucos establecendo. Agora creouse un equipo de traballo formado por un sacerdote de cada diocese, que terá esa calidade de responsable da formación e eles irán establecendo os pasos para que aos poucos poida ser aprobado pola Santa Sé este novo  Seminario Interdiocesano e desde aí poder comezar xa o novo curso.

3. Que vai supoñer para as dioceses máis directamente implicadas no procecto?

Sen dúbida unha experiencia nova. Unha experiencia nova para cada un de nós, pero unha experiencia, en certa maneira, nova tamén como Igrexa en España, só hai un Seminario Interdiocesano nas dioceses de Cataluña.

Por iso eu creo que vai ser unha experiencia que teremos que ir facendo aos poucos paulatinamente e vai supoñer sobre todo pois, conxuntar máis as nosas forzas.

O enriquecemento das diferentes Igrexas, coas súas calidades, coas súas potencialidades, o enriquecemento que produce, unha comunidade dunha talla humana máis grande, o enriquecemento pois de diferentes visións, o enriquecemento de ser enviados a un mesmo lugar, que é a nosa terra de Galicia.

En definitiva, eu creo que saímos todos gañando polo que significa e supón enfocar a formación dos sacerdotes dunha maneira conxunta.

  1. No futuro incorporaranse ao proxecto todas as dioceses de Galicia?
Somos tres as Dioceses que nos unimos neste proceso de Seminario Interdiocesano. Cada Igrexa en particular ten o seu propio ritmo e ten que realizar este paso nun proceso de discernimiento, no seu propio presbiterio, e na súa propia comunidade eclesial.
En principio o noso Seminario estará aberto ao resto das Igrexas galegas, pero será cada Igrexa no seu momento cando o estime e considere que é oportuno.
5. Como quedaría a pastoral vocacional en cada diocese unha vez centralizada a formación teolóxica na capital galega?
A pastoral vocacional seguirá dependendo de cada Igrexa particular, de cada Diocese. O Seminario Interdiocesano ten a misión de apoiar ese labor diocesano de cada Iglesia. O Seminario Interdiocesano non substitúe a pastoral vocacional, senón que en certa maneira refórzaa.
Cada Igrexa terá que ver os seus propios procesos nese acompañamento das novas vocacións. Non temos que esquecer que o Seminario, en principio, estará de luns a venres en Santiago, pero as fins de semana cada diocese ten os seus seminaristas na súa propia diocese para asegurar esa encarnación no territorio local e ese contacto coas nosas parroquias, cos nosos mozos e coa realidade máis próxima. Por iso eu diría que a pastoral vocacional non se suprime en cada diocese, senón que ao revés, refórzase e consolídase.
6. Que se pode facer nestes tempos para interpelar aos mozos sobre unha posible chamada de Deus ao sacerdocio?
O testemuño dos propios seminaristas, sen dúbida, pode ser unha oportunidade para os propios novos e o testemuño dunha comunidade educativa, de talla humana, de talla apostólica, de talla misioneira, unha comunidade apostólica que se enriquece na diversidade e no enriquecemento de cada particularidade.
Sen dúbida, o que os seminaristas teñan unha formación sólida, unha formación comunitaria, unha formación pastoral será tamén un elemento que axudará a que os novos mozos poidan descubrir a súa vocación sacerdotal.
7. A solución adoptada en Galicia é un modelo válido para outras dioceses españolas? Que circunstancias se requiren para optar por esta opción?
Na Visita Canónica que fixeron no seu momento os bispos, enviados por Roma, xa nos informaron sobre a necesidade de que as Igrexas de Galicia puidésemos estar unidas neste Seminario, respectando os ritmos de cada Igrexa local como antes dixemos. Cada Diocese, cada provincia eclesiástica e cada rexión de España terá que ver a súa propia situación.
Desde logo, eu sempre digo que en Galicia temos unha idiosincrasia particular que a produce, pois, o propio territorio, a propia realidade eclesial, a lingua, en definitiva, os nosos propios caracteres particulares que xa nos vinculan e que, en certa maneira, pois xa nos están conformando nunha mesma unidade, que axuda e contribúe a que esta formación sacerdotal poida ser neste Seminario Interdiocesano.
Pero, no resto das comunidades autónomas e das provincias eclesiásticas, terán que ver porque as particularidades son moi diversas.
8. Cales diría que son os retos que a formación dos candidatos ao sacerdocio ten por diante?
Os documentos da Igrexa xa non falan destes retos que pasan fundamentalmente pola promoción e o coidado das diferentes dimensións que ten unha formación sacerdotal: coidar a dimensión humana, a dimensión comunitaria, a dimensión espiritual, a dimensión intelectual e a dimensión pastoral.
Sen dúbida que o Seminario Interdiocesano será un instrumento eficaz para o coidado de todas esas dimensións e para que, desta maneira, os mozos que se forman no noso Seminario, poidan alcanzar unha madureza humana, espiritual, misioneira e, dese xeito, poidan ser os sacerdotes que necesitamos neste século XXI.
  1. Cre que podería chegar a darse, segundo as necesidades pastorais que vaian xurdindo, unha colaboración entre os sacerdotes das dioceses de Galicia?

Sen dúbida, a colaboración comezará xa nesa formación do seminario. Xa se están dando eses procesos, pois, de traballo conxunto, hai diferentes iniciativas pastorais nas nosas Igrexas de Galicia, nas que xa estamos a traballar conxuntamente.

Podemos pensar nas reunións que teñen os delegados de medios, os delegados e directores de Cáritas, os delegados de vocacións, os vigairos xerais, os delegados de pastoral do clero, da formación permanente do clero, en definitiva, hai diferentes realidades que xa se están dando na nosa Igrexa en Galicia, que agora ven reforzadas xa desde esa formación que no Seminario xa que se vai a ir dando.

Iso creará, sen dúbida vínculos, iso xerará boas relacións, iso procreará pois proxectos pastorais conxuntos, sen dúbida que isto pois axudará tamén a que, na nosa pastoral, sexa tamén unha pastoral máis de conxunto nas particularidades que cada Igrexa local ten e ofrece.

10. Esta iniciativa parece un esforzo de sinodalidade importante: a igrexa que peregrina en Galicia, cos seus pastores á cabeza, tratando de ofrecer unha resposta conxunta a unha cuestión sensible como a da pastoral vocacional…

A sinodalidade é precisamente camiñar xuntos. E camiñar é do pequeno, camiñar nos grandes problemas, camiñar conxuntamente na misión.

O Seminario Interdiocesano é froito da sinodalidade, é expresión desta sinodalidade. Contribúe á sinodalidade

Artículo anteriorConfirmaciones en el Monasterio de San Salvador de Bergondo
Artículo siguienteMons. Francisco Prieto: «Todos los cristianos somos llamados y convocados»