A Arquidiocese de Santiago de Compostela acaba de publicar unha nova edición da súa revista “A nosa Igrexa”, dedicada nesta ocasión á “Chamada” que cambia vidas. Nela, o arcebispo mons. Francisco José Prieto Fernández reflexiona sobre a vocación cristiá e como esta se manifesta na vida de la Igrexa diocesana.
A publicación destaca o labor evanxelizador e social da Igrexa en Santiago, presentando datos sobre as súas diferentes áreas de actividade:
Actividade celebrativa: Celebráronse 4.883 bautizos, 6.078 primeiras comuñóns, 3.112 confirmacións e 748 matrimonios.
Actividade pastoral: A diocese conta con 422 sacerdotes, 576 relixiosos e relixiosas, 8 diáconos permanentes e 1.476 catequistas.
Actividade educativa: Hai 163 centros católicos concertados con 26.793 alumnos e 5.275 docentes.
Actividade evanxelizadora: Enviáronse 81 misioneiros a diferentes partes do mundo.
Actividade cultural: A diocese conta con 37 bens inmobles de interese cultural e realizou 24 proxectos de construción e rehabilitación. Tamén se celebran 26 festas relixiosas de interese turístico.
Actividade caritativa e asistencial: Atendéronse a máis de 85.452 persoas a través de diferentes centros e programas.
Recóllense as cifras dos 8 tipos de centros de Cáritas, así como as persoas atendidas nos mesmos, o número de voluntarios…
Cabe destacar tamén a importancia do primeiro anuncio na renovación de la Iglesia. Así, infórmase sobre a creación dunha delegación diocesana para promover este labor, co obxectivo de que “chegue a formar parte da nosa pastoral máis ordinaria”.
Finalmente, anímanse os fieis para colaborar economicamente coa diocese a través de donativos. A publicación lembra as vantaxes fiscais das que se benefician os doantes, con deducións de ata o 80%. Revista “A nosa Igrexa” (PDF)






