El Papa recibe en audiencia a los obispos en su Visita ad limina

Entre todos os actos que se desdesenvolven en toda Visita ad limina destacan a peregrinación ás tumbas de Pedro e Paulo; presentación ao Papa dun informe da realidade pastoral de cada Diocese; e o encontro persoal con el, que na actualidade realízase en grupo. Xunto a eles, os bispos manteñen reunións con responsables de diferentes Dicasterios, termo utilizado para referirse a diversos organismos da Curia romana que axudan ao Papa no exercicio do seu ministerio ao servizo da Igrexa universal.

Esta mañá, o arzobispo compostelano mons. Julián Barrio e os demais bispos convocados foron recibidos en audiencia polo Santo Padre no Palacio Apostólico, na que houbo un tempo de diálogo dentro deste encontro enmarcado na comuñón co sucesor de Pedro e cos apóstolos, o que constitúe o momento central da visita.

Este encontro -e toda a visita- é unha ocasión para a comuñón eclesial, a colexialidade episcopal e a caridade fraterna entre os Pastores e o Papa.

Artículo anteriorMons. Barrio a la Congregación para el Clero: “El rostro más bello de la Iglesia es la santidad en medio del proceso de secularización”
Artículo siguienteCelebración de la Eucaristía de los obispos españoles en la Basílica de San Pablo de Extramuros