El Arzobispado de Santiago de Compostela aprueba el presupuesto para el año 2025

Na mañá do venres 20 de decembro, o arcebispo Mons. Francisco Prieto, acompañado do Vigairo xeral, D. José Andrés Fernández Farto, presidiu o Consello de Asuntos Económicos da Diocese. Este organismo diocesano, composto por sacerdotes e laicos cualificados en economía e dereito, ten a responsabilidade, entre outras, de elaborar e aprobar anualmente o orzamento de ingresos e gastos da diocese.

Nun exercicio de transparencia, a Igrexa Diocesana de Santiago de Compostela fixo público o orzamento para o novo ano. O ecónomo diocesano, D. Fernando Barros, considera que o escenario é bastante positivo: “Un orzamento, o de 2025, que ascende a máis de 25 millóns de euros, e co que se proxecta a consolidación da Diocese á situación de prepandemia”.

Aspectos destacados do orzamento

Entre os puntos máis destacados do orzamento, prevese un incremento do 31,11% nas achegas do fieis respecto ao orzamento de 2024, representando case o 40% dos recursos. Así mesmo, obsérvase un aumento do 6,47% nas achegas do Fondo Común Interdiocesano, o que supón case un 30% dos recursos.

En canto aos ingresos de patrimonio, proxéctase unha redución mínima do -1,49% debido ao axuste en ingresos financeiros. Tamén se contempla un aumento significativo de máis do 60% nas subvencións.

Espérase un incremento do 74,97% na axuda á Igrexa Universal e un 52,29% en Actividades Pastorais. Por outra banda, estímase un incremento do 188,45% en gastos extraordinarios relacionados con programas de rehabilitación e conservación de edificios.

O orzamento para 2025 mostra unha capacidade de financiamento da Diocese en 23.250 euros.

Outros asuntos destacados tratados na reunión

Entre os temas tratados durante a reunión, destacan as informes e propostas das Comisións do Consello de Asuntos Económicos: orzamentos e rendición de contas, Investimentos, e Acción social/inserción laboral. Tamén se aprobou o orzamento do Instituto para a Sustentación dos Clérigos 2025.

Obxectivos do 2025

Aprobáronse os obxectivos para 2025, que pasa pola transparencia, o sostemento e a corresponsabilidade. Tamén se avanzará na organización interna da Curia, continuarase coa planificación da planta da Diocese, así como desenvolver sistemas de control interno, potenciar a implementación do ERP nas Parroquias e outros entes diocesanos, e tratar de poñer en marcha o proxecto de inventario de bens mobles na Diocese.

O Consello de Asuntos Económicos xoga un papel fundamental na administración dos recursos da Diocese de Santiago de Compostela. O orzamento para 2025 reflite o compromiso da Diocese co sostemento das súas actividades pastorais e asistenciais, así como co inversión no futuro da Igrexa.

Toda información económica, convenios, estudos e informes, etc. están recollidos no Portal de Transparencia do Arcebispado de Santiago de Compostela:

 

Artículo anteriorArzobispado de Santiago y Concello de Ames firman un protocolo general de actuaciones
Artículo siguienteDECRETO sobre las disposiciones diocesanas para el Jubileo 2025 «Peregrinos de la Esperanza»