El Arciprestazgo del Salnés acoge un nuevo encuentro pastoral presidido por el arzobispo de Santiago

O arcebispo de Santiago de Compostela, Mons. Francisco José Prieto Fernández, mantivo este xoves 14 de maio un encontro cos sacerdotes do arciprestado do Salnés, dentro da rolda de reunións que vén desenvolvendo nos distintos arciprestados da diocese.
Na xornada participaron o vigairo pastoral, Javier Porro Martínez, e, nesta ocasión, o vigairo territorial de Pontevedra, Luis Seoane, que acompañan ao arcebispo nestes encontros pastorais que se están celebrando nos distintos arciprestados da diocese. A reunión congregou a unha trintena de sacerdotes.
Durante a primeira parte da reunión, o arcebispo dedicou un espazo á escoita dos sacerdotes, interesándose polas súas inquietudes, dúbidas e retos pastorais, especialmente en cuestións relacionadas coa fraternidade sacerdotal e as preocupacións que viven no seu labor diario.
Tras un descanso, a reunión continuou cunha reflexión centrada no funcionamento das UPAs, o desenvolvemento do plan diocesano e a organización do calendario pastoral para os próximos meses, especialmente de cara ao verán e ao comezo do próximo curso pastoral en setembro.
Artículo anteriorCáritas en la diócesis de Santiago y el Arzobispado impulsan nuevos espacios para la empresa de economía social ARREDONDA en Brión
Artículo siguienteInaugurada en Santiago la exposición “Culto e cultura xacobea no Barbanza e Sar”, una mirada a los orígenes del Camino