Este mércores, 22 de maio, o arcebispo de Santiago, mons. Francisco Prieto, clausurou o Curso de Formación Permanente para o Clero, no que agradeceu a asistencia e a continuidade dos sacerdotes a esta. Neste sentido, mons. Prieto avogou por continuar con esta formación permanente.
O director do Instituto de Teolóxico Compostelán, José Antonio Castro Lodeiro, presentou o programa de formación do próximo ano. Unha nova edición no que se pretende compaxinar un programa dirixido aos seminaristas, no que tamén se quere que participen os sacerdotes de Formación Permanente do Clero, xa que van ser temas moi na liña do que se necesitará nos próximos anos na vida pastoral da Igrexa Diocesana.
O secretario do Instituto Superior Compostelán de Ciencias Relixiosas presentou unha serie de programas dunha oferta educativa alternativa ao currículo académico, que contempla un plan de formación específico para o Ministerio do Catequista, un plan de formación para animadores da pastoral familiar, outro plan de formación para animadores da pastoral xuvenil e universitaria, outro plan de formación para animadores da pastoral infantil e xuvenil, e logo un plan tamén para ofertar, no Instituto Superior Compostelán de Ciencias Relixiosas, cursos monográficos que van versar sobre transhumanismo, sobre intelixencia artificial, sobre Arte, Biblia e Teoloxía,etc.