A Asociación Raiña recibe o Premio de Boas Prácticas en Servizos Sociais da Deputación da Coruña polo seu programa Companio

A Asociación Raiña Paraíso foi distinguida onte, venres 7 de maio, co «Premio de Boas Prácticas en Servizos Sociais«, outorgado pola Deputación da Coruña, un recoñecemento ao labor das entidades que traballan en prol da inclusión e do benestar dos colectivos máis vulnerables da provincia.

O programa Companio, impulsado por Raiña, foi galardoado na categoría de persoas maiores, discapacidade e dependencia. Esta iniciativa está dirixida a persoas maiores que viven en situación de soidade nos concellos de Vilasantar, Curtis e Mesía, ofrecéndolles compañía, apoio emocional e unha rede humana que combate o illamento.

Enrique, membro da asociación, recolleu o premio acompañado de Carmen, de 95 anos, e Milagros, de 88, tres das primeiras participantes do programa, ás que definiu como “as que con valentía lle deron forma e vida a Companio”. Visiblemente emocionado, cualificou o recoñecemento como “vida para esta familia de corazón”.

O acto contou, ademais da presenza do presidente da Asociación Raiña Paraíso, Víctor Blanco Naveira, cunha participación especialmente significativa: a do Arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Francisco José Prieto Fernández, que quixo sumarse á celebración como un membro máis desta gran familia de Raiña.

A xornada culminou cunha bendición ao equipo por parte do prelado compostelán na igrexa de San Nicolás, nun momento de agradecemento á divindade e á «Raiña do Ceo».

O premio reafirma a importancia de iniciativas comunitarias que poñen no centro ás persoas, especialmente ás máis vulnerables, e consolida a traxectoria da Asociación Raiña Paraisa como referente no eido dos servizos sociais da provincia.

Artículo anteriorEl Clero de Santiago celebrará mañana la festividad de San Juan de Ávila
Artículo siguienteHabemus Papam! León XIV